domingo, 24 de mayo de 2020

A casa da Familia Pérez

E chegou o día, que gañas tiñamos de que a familia dos Pérez tivese casa na nosa clase .
O Sr Pérez sorprendeunos unha mañá deixándonos unha das súas casas na nosa clase. Temos fotos non se sabe quen as fixo.
En agradecemento quixemos redecorársela e transformarlla ao noso gusto e facer que esa casa fose o que se chama agora sostenible.
💚horto ecolóxico, 💚paneis solares, 💚cubiños de separación de residuos, 💚...
Como moitos dos nosos proxectos deste ano deixámolo sen terminar. Pero prometemos que en setembro o retomamos





A cara que puxeron cando a viron non ten prezo

A partir dese momento a correspondencia ía en ambas direccións, felicitaciones trala caída dun dente, debuxos, notas, cartas  larguísimas, agasallos, adaptacións do disfraz de carnaval para o ratonciño...





Ratón Pérez / El Ratón Pérez / Pérez, el ratoncito de tus sueños ...








Animais acuáticos en perigo de extinción

Os nenos e nenas de 1ºA investigaron distintos animais acuáticos en perigo de extinción. O obxectivo é descubrir porque están desaparecendo e que podemos facer para evitalo.

Dado os últimos acontecementos, este é un traballo que lle falta o final, xuntar todas as investigacións e facer un libro viaxeiro para que aquel que o lea, se de conta de que inconscientemente podemos estar acelerando estas desaparicións e poidamos ponerlle remedio.


































Habitat Mariño case REMATADO

O  obxectivo da nosa clase era recrear un espazo mariño en perfecto estado con material reciclado, usando curiosamente eses materiais que adoitan contaminar os mares como plásticos, porexpán, tapóns, redes...
Que nos pasou? colleunos desprevidos un bichito malvado deixándonos illados, tristes e sen poder continuar coa nosa vida normal. 
Tivemos que abandonalo todo irnos ás nosas casas ata novo aviso.
Agora podemos dicir que este traballo retomarémolo o ano que vén. E que vainos a encantar facelo, terminalo, compartilo e gozalo coma se non houbese parón nas nosas vidas